Día das Letras Galegas

17 / Maio / 2024

Día das Letras Galegas

Celebramos o Día das Letras Galegas coa obra dun dos autores galegos contemporáneos: Eduardo Alonso

Hoxe 17 de maio, no Día das Letras Galegas, queremos homenaxear a un dos autores do teatro galego dos nosos tempos: Eduardo Alonso e celebrar a súa excelsa obra. 

En Teatro do Noroeste temos a sorte de contar con este autor na compañía que escribiu e segue escribindo a maioría dos textos que producimos: O País Acuático (2001), As Damas de Ferrol (2002 e 2023), Ensaio (2004), Confesión (2005), Imperial: Café Cantante, Vigo 1936 (2006), Extrarradios. Comedia das mulleres desamparadas (2008), Glass City. Cidade de Cristal (2009), Último Cowboy (2011), Piratas (2011), Linda and Freddy, Ilusionistas (2013), Palabras Malditas (2016), Estado de Graza (2017), Animais de Compañía (2017), As Virxes Salvaxes (2020), Gloria Nacional (2021) e Último Verán en Santa Cristina (2022).

Eduardo Alonso ademais de autor, é adaptador, director e iluminador teatral. É coautor de importantes versións teatrais como O enfermo imaxinario ou Medea publicadas por Edicións Xerais, e doutras versións levadas a escena pola nosa compañía como Rei Lear (1990), Tagen Ata (1990), Galileo Galilei (1993), As Vodas de Fígaro (1994), Noite de Reis (1996), Estación Mahagonny (1998), Feirantes (1999 e 2022), A Celestina. Comedia dos tolos amores de Calisto e Melibea (2000), ou Romeo e Xulieta (2007 e 2010).

Como autor de teatro ten escrito máis de 20 textos teatrais e como director ten levado a cabo máis de 55 espectáculos, moitos destes textos e espectáculos foron galardoados cos Premios Fetega, os Premios Max ou os Premios María Casares. Entre os textos premiados figuran Extrarradios (Comedia das Mulleres Desamparadas) escrita en 2007, e gañadora do premio MAX en 2009, ou Último Cowboy escrita en 2011, recibiu o premio MAX en 2013. Rei Lear de W. Shakespeare, versionada por Eduardo Alonso e Cándido Pazó, recibiu o premio “Compostela” á mellor versión teatral en língua galega. E en 2007, Imperial: Café cantante. Vigo 1936, obra con dirección propia, recibiu o Premio María Casares, a iluminación e texto. 

Para celebrar este día, queremos compartir con vós un dos seus relatos inéditos, A Lenda de Azalequia e Nirostán. Eduardo escribiu este texto en 1973, inspirouno a vida. Nunca se publicou pero si se puido escoitar nun programa de Radio Voz que tiña Eva María Millán e no que Eduardo ocasionalmente colaboraba con peuquenas narracións.

A Lenda de Azalequia e Nirostán

 

Tamén queremos compartir con vós o texto orixinal escrito por Eduardo Alonso da obra teatral As Damas de Ferrol, levada a escena en 2002 por primeira vez baixo a súa dirección e reestreada baixo dirección de Clara Gayo recentemente. O proxecto arredor deste espectáculo recibiu este mes de marzo o Premio Luísa Villalta, e fainos especial ilusión que sexa neste ano, precisamente, no que o Día das Letras se lle adica a Luísa Villalta.

As Damas de Ferrol




Volver atrás



Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies