25 / Agosto / 2026
Hoxe, 26 de agosto, celebrase a nivel mundial o día da actriz e do actor. En Teatro do Noroeste queremos conmemorar, neste día, ao actor Ernesto Chao, unha figura fundamental no teatro e na televisión en Galicia, e estreitamente ligada á nosa compañía.
10 / Xullo / 2026
Clipping da difusión en medios da estrea do espectáculo Polo de Franco, estreado en Brión o 15 de maio de 2026.
14 / Abril / 2026
O pasado 8 de abril foi a Gala dos XXX Premios María Casares onde tivo lugar a entrega da man da directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) do Premio de Honra Marisa Soto 2026 a Luma Gómez
30 / Marzo / 2026
Luma Gómez, socia fundadora de Teatro do Noroeste, recibirá o 8 de abril o Premio de Honra Marisa Soto na gala dos XXX Premios María Casares.
31 / Decembro / 2025
Puxeches con fermosa elegancia a túa voz, o teu corpo e os teus sentimentos a estes versos de despedida. Agora somos nós os que temos que despedirnos de ti e deixas a praia e a lagoa seca de espanto. Ao remate realizas ese aceno limpo de levarche a man á fronte e elevala sobre a cabeza, sen que ninguén cho indicara, abrindo pombas ao horizonte. Repetimos o xesto para ti. Até sempre, compañeiro. Ate sempre, Miguel.
24 / Decembro / 2025
Os pasados 5 e 6 de decembro estreamos a nosa nova produción: Manual de Patronaxe, no Pazo da Cultura de Narón. Este espectáculo está dirixido por Clara Gayo co texto de Nerea Brey, gañador do Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia no ano 2023. Aquí tedes recollido o clipping da repercusión da estrea en prensa tanto en medios dixitais como en prensa escrita.
16 / Setembro / 2025
No número 201 da revista da ADE (Asociación de Directoras e Directores de Escena de España) vén unha completa reportaxe sobre «Guerra» e unha entrevista ao seu autor e director, Eduardo Alonso.
08 / Agosto / 2025
Fai 25 anos estreábase A Celestina (Comedia dos tolos amores de Calisto e Melibea) de Teatro do Noroeste. Unha versión libre escrita por Eduardo Alonso da Traxicomedia de Calisto e Melibea, unha das obras fundamentais da literatura española do Renacemento.
03 / Maio / 2025
Fai 35 anos estreábase o Rei Lear de Teatro do Noroeste. É un gran referente do Teatro Universal, como tamén o é da última das nosas producións, Guerra, de Eduardo Alonso, estreada este ano.
13 / Agosto / 2024
O País Acuático é o primeiro espectáculo teatral infantil de Teatro do Noroeste estreado no 2000, escrito e dirixido por Eduardo Alonso.
10 / Xullo / 2024
«Galileo Galilei. E sen embargo, móvese» é o espectáculo teatral estreado por Teatro do Noroeste en 1993, dirixido e adaptado por Eduardo Alonso a partir do texto do dramaturgo alemán Bertolt Brecht.