ENSAIO

ENSAIO

Autor: Eduardo Alonso

REPARTO

As veces o teatro é unha boa metáfora da vida, e así o considerou Calderón no Grande Teatro do Mundo. Sen ser fachendosos, Ensaio é unha obra de teatro que participa desa característica.

En esencia Ensaio narra o proceso de ensaios dunha obra de teatro: Ana Guzmán, actriz de recoñecido prestixio e longa experiencia, contrata a Antón Prieto, xove e brillante director, para que dirixa a súa próxima estrea. O texto da obra que van ensaiar foi encargado pola compañía a un afamado autor vivo, casualmente antiga parella de Ana. Antes de que incorpore todo o elenco a actriz quere traballar co director aspectos importantes da súa personaxe, eixo e esencia da obra que van montar.

As cousas complícanse para a actriz. Ana descobre, ou coida descubrir, que a personaxe que está a encarnar é ela. O autor, por vinganza ou por despeito, deseñou unha personaxe que incorpora elementos na súa forma de ser que parecen pertencer a na. Esta, polo tanto, atópase cunha dobre dificultade: a de encarnar unha personaxe construída en base os seus sentimentos e emocións pero que, por outra banda, é ela mesma. Cando se interpreta o actor baleirase de si mesmo para, buscando no propio interior, encherse de outro. Pero neste caso as cousas non son tan simples. Ana busca construír unha personaxe, pero couda que se ten que construír a si mesma.

Despois de todo o esforzo desenvolvido a obra é un éxito, pero: pagou a pena? Ten sentido poñer en risco a propia esencia como ser humano para acadar o triunfo? E sobre todo: que é o éxito no teatro? Unha noite de aplausos e algunha indiferencia xustifican a enerxía posta? Merécese esta sociedade unha arte, un medio de expresión, da calidade do teatro? Todas son, claro, preguntas sen resposta.

 

04/03/2004
Sala Yago
Santiago de Compostela
 

Volver atrás

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies