Política de Privacidade

INFORMACIÓN XERAL DO TITULAR DO SITIO WEB

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, fanse constar as seguintes circunstancias:

A empresa titular deste sitio web (www.teatrodonoroeste.com) é Teatro do Noroeste, S. L., entidade con domicilio en Ames (A Coruña) (Ameixenda - A Folgueira, 10 15870), con CIF B-15353329.

Número telefónico e enderezo electrónico para contacto cos usuarios: +34 616 622 176, correo@teatrodonoroeste.com

TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Regulamento Xeral de Datos Persoais (EU) 2016/679, a AIEG comunica que:

Os datos persoais facilitados a través do presente sitio web serán tratados única e exclusivamente para a correcta xestión dos servizos dispostos no sitio web, do que é responsábel Teatro do Noroeste, S. L.. A aportación destes datos persoais baséase no consentimento expreso do titular. Recadaranse os datos persoais imprescindíbeis para poder prestar os servizos incluídos no sitio web e as actividades relacionadas con Teatro do Noroeste, S.L., así como o envío de comunicacións informativas vinculadas ao desenvolvemento das funcións propias de Teatro do Noroeste, S. L. En ningún caso os datos fornecidos serán cedidos a terceiras persoas, salvo nos casos en que exista unha obriga legal.

O titular dos datos poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, supresión, limitación, portabilidade e reclamación mediante escrito dirixido a: correo@teatrodonoroeste.com Para o exercicio dos mencionados dereitos o titular deberá identificarse de forma confiable fornecendo unha copia do DNI/Pasaporte ou documento identificativo análogo. Se o titular dos datos estima lesionado o exercicio dos devanditos dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.com).

EMPREGO DE COOKIES

Teatro do Noroeste, S. L. poderá utilizar cookies para personalizar e facilitar ao máximo a navegación do usuario polo seu sitio web. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e ao seu computador, e non fornecen referencias que permitan deducir datos persoais do usuario. O usuario poderá configurar o seu navegador para que notifique ou rexeite a instalación das cookies enviadas por Teatro do Noroeste, S. L., sen que iso prexudique a posibilidade do usuario de acceder aos contidos.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO

Teatro do Noroeste, S. L. resérvase o dereito a modificar, desenvolver ou actualizar en calquera momento e sen previa notificación, as Condicións de Uso da presente web. O usuario quedará obrigado automaticamente polas Condicións de Uso que se achen vixentes no momento en que acceda ao sitio web, polo que deberá ler periodicamente ditas Condicións de Uso.

EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADE

Teatro do Noroeste, S. L. non se fai responsable dos posíbeis erros de seguridade que se poidan producir nin dos posíbeis danos que se poidan causar no sistema informático do usuario como consecuencia da presenza de virus no computador empregado para a conexión aos servizos e contidos de www.teatrodonoroeste.com, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies