Eduardo Alonso

Eduardo Alonso

Eduardo Alonso

28 de maio de 1948 Vigo (Pontevedra)

Achega

Eduardo Alonso posúe unha das máis amplas e fructíferas traxectorias dentro do teatro profesional. Eduardo Alonso, autor, adaptador, iluminador e sobre todo director teatral, ten realizado até a actualidade máis de sesenta montaxes teatrais, tanto de autores clásicos como contemporáneos, e é autor de diversos textos, postos en escena por Teatro do Noroeste. En 1984 creou o Centro Dramático Galego do que foi o seu primeiro director.

En 1985 foi nomeado polo Ministerio de Cultura, membro do Consejo Nacional de Teatro, por designación directa. Un espectáculo da súa dirección: As alegres casadas, de W. Shakespeare, recibiu o premio “Compostela” ao mellor espectáculo teatral da temporada galega. Rei Lear de W. Shakespeare, versionada por Eduardo Alonso e Cándido Pazó, recibiu o premio “Compostela” á mellor versión teatral en língua galega.  Ten dous premios Max e un María Casares a tres textos propios e dous María Casares a outros tantos deseños de iluminación. No ano 2.010 recibiu o premio Cultura da Xunta de Galicia na modalidade de Artes Escénicas e no 2.017 recibiu o premio de honra Marisa Soto concedido pola Asociación de actores e actrices de Galicia a toda a súa carreira.

 

Volver atrás

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies