AS DAMAS DE FERROL

AS DAMAS DE FERROL

Autor: Eduardo Alonso

REPARTO

As Damas de Ferrol é unha comedia circular, ou mellor dito, en espiral, onde a realidade e a fantasía se debaten por ter a mesma carta de natureza e posiblemente o consigan. A súa liña argumental avanza e retrocede, enfíase e desenfíase constantemente como un novelo imaxinario e imposible de descifrar, móbil e inaprensible.

Dúas supostas irmás, xa maiores, falan sobre elas esmas, sobre a súa actual situación e sobre os feitos que as levaron ate ela. Pechadas no seu vello caserón, unha aparentemente impedida e a outra aparentemente infantilizada, desgranan a súa realidade que ben pode ser unha fantasía ou a súa fantasía que ben pode ser a realidade do acontecido.

Entre elas érguese constantemente a evocación dun home, do home: Manolo que, parece ser (porque aquí todo parece ser), lles condicionou a vida e elas condicionaron a del ate levalo a unha suposta e "terrible?" morte.

E como marco infinito, tanto físico como mental, tanto real como espiritual, situase Ferrol. Un Ferrol vivido e vivencial, un Ferrol como espazo impreciso, máis interior que externo, que todo o colorea da súa especial personalidade de cidade irrepetible nun país irrepetible no espazo e no tempo, tan irrepetible como inexistente.

24/10/2010
Casa da Cultura
Cuntis
 
17/10/2002
Auditorio Municipal Torrente Ballester
Ferrol (A Coruña)
 

Volver atrás

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies