A Compañía

Teatro do Noroeste é unha compañía teatral de longa traxectoria, creada en 1987, que ten realizado representacións dos seus espectáculos por toda Galicia, con frecuentes saídas polo resto de España, que estrea e representa todos os seus espectáculos en lingua galega por toda Galicia.

Na súa dilatada traxectoria ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos. Entre estes espectáculos podemos salientar desde textos clásicos como: Rei Lear, Macbeth ou Noite de Reis, de William Shakespeare; As vodas de Fígaro, de Caron de Beaumarchais; até textos máis contemporáneos como: Os Xustos, de Albert Camus; ou de autores galegos vivos como Historias Peregrinas e A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado; Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro ou Campo Sur ou A Mamma de Lino Braxe, entre moitos outros, potenciando así a dramaturxia galega contemporánea.

A compañía ten recibido numerosos premios polas súas producións, como os Premios María Casares e de Festival de Teatro Galego, ademáis de os Premios Max aos textos de Eduardo Alonso. Un dos seus espectáculos producido foi o musical Imperial café cantante. Vigo 1936 de Eduardo Alonso, montaxe que recibiu os premios María Casares ao Mellor Texto, Mellor Escenografía, Mellor Vestiario, Mellor Música e Mellor Iluminación. Tamén os seus montaxes Extrarradios (comedia das mulleres desamparadas) e Último cowboy recibiron o premio ao mellor espectáculo no Festival de Teatro Galego, en 2008 e 2011.

Teatro do Noroeste, formada por Eduardo Alonso, Luma Gómez e Eva Alonso, nestes máis de 35 anos realizou máis de 40 producións teatrais, todas elas foron estreadas en teatros de Galicia e todas elas pasaron antes o despois por todo o país.

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies