Macbeth é a traxedia de Shakespeare por excelencia, poderiamos dicir que é a encarnación do drama clásico. Escrita en 1605, en cinco actos, ten unha liña argumental sinxela: tres bruxas aparecenselles a Macbeth e Banquo (nobres medievais e amigos), para anunciarlles unha profecía: Macbeth será Rei e os fillos de Banquo terán o trono ñas súas mans algún día lonxano.
Macbeth, empuxado pola súa dona, asasina ao Rei Duncan, ao que previamente acollera no seu castelo como hóspede. Unha vez realizado o crime, a súa muller (fría e dura) prepara a escena no dormitorio do rei para inculpar aos seus servidores (chambeláns) e mailos propios fillos do rei Duncan.
Despois, Macbeth que vive obsesionado polo medo á perda do poder, mata ao seu amigo Banquo e desencadea unha serie de asasinatos sen sentido, sempre co apoio da súa dona, Lady Macbeth. No seu interior loitan os remordementos, a súa debilidade e comeza a sufri-lo acoso do destino: aparicións dos asasinados, e por fin, a morte a mans de Macduff, señor de Fife. Lady Macbeth tamén sufrirá o castigo: o desacougo ata a morte provocada pola súa propia man.
Máis información e material sobre o espectáculo en:
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí. Se queres saber máis, le a nosa Política de Cookies
Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies