Luma Gómez

Luma Gómez

Luma Gómez

06 de maio de 1951 Ferrol

Achega

Actriz cunha longa e prolífica carreira profesional. Traballou en diversas compañías teatrais, así como en múltiples montaxes do Centro Dramático Galego en papeis protagonistas. Fixo importantes traballos cinematográficos. Como actriz de televisión realizou, entre outras, series como: Servizo de urxencias ou Celia. Como actriz de cine realizou traballos como: coprotagonista no papel de Marica da Fame na película  El bosque animado, protagonista no papel de Urxa na película Urxa. Como actriz de teatro interveu en máis de corenta espectáculos teatrais, entre outros, nos seguintes: O enfermo imaxinario, Medea, As alegres casadas, Os xustos, Un soño de verán, Ligazón, Las galas del difunto, Alta comedia, As damas de Ferrol, Ensaio, Imperial: Café cantante. Vigo 1936, Romeo e Xulieta, Extrarradios (Comedia das mulleres desamparadas), Glass City (Cidade de Cristal), Historias peregrinas, Linda and Freddy, ilusionistas, A mamma ou Palabras malditas.

Volver atrás

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies