Un grupo de cómicos recorre o Camiño de Santiago representando Danzas da Morte e ás veces algún Auto Sacramental. A causa dunha edición defectuosa do Códice Calixtino, que lles sirve como guía, pérdense nun bosque preto de Compostela.
Están fartos de facer o que fan, particularmente o actor que fai o papel de Muerte Justiciera, convencido de que a súa vis cómica se bota a perder nun papel así, ou a actriz que fai de Gracia Santificante, que xa me dirás ti que gracia ten facer de Gracia, ou o que fai de Demo, que de boa gana faría teatro vangardista, moderno e a poder ser incomprensible. Sen embargo, son case felices se non fose porque o actor que fai o papel de Hombre Inocente se fuga coa actriz que fai de Perdón Divino e cos cartos da recadación das últimas funcións.
Historias Peregrinas, de Miguel-Anxo Murado, é unha deliciosa comedia sobre as comedias, unha delicada galería de personaxes eminentemente teatrais para falar da vida, da aparencia e da realidade, da razón e a sen razón de ser, e para falar do que para todo home e muller de teatro é o máis querido: o teatro. Pero falar de todo isto sen pedantería, con sinxeleza e sentido do humor.
Para máis curiosidades sobre esta obra, podedes acceder nesta ligazón aos deseños feitos por Paco Conesa para o espectáculo.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí. Se queres saber máis, le a nosa Política de Cookies
Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies