Pallasas

Pallasas

Unha comedia musical sobre as cupletistas dos anos 30

Autor: Eduardo Alonso

REPARTO

As cupletistas españolas foron estrelas do teatro popular a finais do século XIX e principios do XX, famosas pola súa graza e picardía, destacando figuras icónicas como: Raquel Meller, La Bella Chelito, Paquita Escribano, Consuelo Vello Cano (La Fornarina), Celia Gámez, Nati Mistral, Sara Montiel y Olga Ramos, Antonio Molina, Concha Piquer, Rocío Jurado, Marifé de Triana, Antoñita Moreno, Estrellita Castro, Paquita Rico, Juanito Valderrama, Angelillo... intérpretes de cancións curtas e lixeiras que revolucionaron a escena daquela co seu talento e atrevemento.

Pallasas son dúas irmáns: Virxinia e Edelmira. 

Falan delas mesmas e das súas vidas, marcadas polo “teatro de varietésâ€, fillas dun mago que facía xogos de maxia con pombas e mulleres cortadas pola metade e rememoran como chegaron a dedicarse ao que se dedican, unha canta coplas e a outra toca o piano, ou fai que toca, e realiza números cómicos para aderezar as cancións. Son un dúo de cantantes pallasas, onde unha, Virxinia a que canta, fai de pallaso listo, e a outra, Edelimia, a que toca o piano, é o pallaso tonto. E así, entre canción e burla, recorren los teatros de medio pelo de España.

Falan do que acontece no momento e os inventos que comezan a popularizarse como o cinematógrafo, e falan das películas que nese fin de semana están poñendo nos cines de Madrid, como a estrea de Luces da cidade, de Charles Chaplin, ou da instalación do recentísimo cine sonoro que coidan que vai ser un inimigo para o seu quefacer profesional. E, sobre todo, falan do ambiente previo as eleccións que se vive en todas partes, con mitins duns e doutros.

Como son do mundiño da farándula, tamén falan do rei actual, Alfonso XIII e as súas correrías nocturnas cheas de mulleres,troula e dispendio económico.

E falan da moi coñecida amante do rei, a actriz, coma elas, Carmela Moragas. Esta relación entre o monarquía e o mundo dos artistas de teatro e variedades lles dá moito tema de conversación. Séntese como parte dunha certa aristocracia. A aristocracia do cutre, por obra e gracia dos borbóns, primeiramente Alfonso XII que moito non se puido prodigar pois morreu moi novo e, sobre todo, Alfonso XIII actual rei e campión de troulas nocturnas e esmorgas

Volver atrás

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies