Teatro do Noroeste
<- Volver

Obras en cartel

  • TÍTULO: ANIMAIS DE COMPAÑÍA
  • AUTOR: Eduardo Alonso
  • Animais de compañía é unha fábula moderna sobre as relacións humanas e o respecto ás diferenzas. A igualdade é un valor ético de grande importancia.
  • REPARTO:
    Sabela Hermida (01.- Actriz, papel de cadela Fedra) · Manuela Varela (02.- Actriz, papel de gata Maxa) · Equipo Taetro (03.- Deseños de escenografía e vestiario) · Bernardo Martínez (04.- Composición musical) · Eva Alonso (05.- Produción e deseño gráfico) · Eduardo Alonso (06.- Dirección e deseño de iluminación)
  • RESUMO:
    Nunha terraza dun piso alto da cidade, desde a que se divisan os tellados dos demais edificios, unha cadela, Fedra, agarda a chegada da súa ama, Rebeca. Fai xa bastante tempo que Rebeca marchou e aínda non ten regresado. Fedra está preocupada que cada son que escoita, coida que é Rebeca regresando e chama por ela, leda, pero de seguido dáse conta que foi unha falsa alarma. A verdade é que Rebeca nunca ten tardado tanto en regresar. Mentres agarda, Fedra cóntanos que ela foi recollida por Rebeca dun refuxio de animais. Realmente, até que apareceu Rebeca na súa vida, a vida de Fedra foi un ir de refuxio en refuxio e dun dono a outro sen parada. Fedra sempre estivo acollida pola protectora de animais. Conta como foi o día que, estando no refuxio, apareceu Rebeca á procura dunha mascota e todas as habilidades que Fedra desenvolveu para conseguir que Rebeca se fixara nela e a acollera. Fedra canta unha canción explicando as súas habilidades. Mentres isto acontece aparece polo muro da terraza Maxa. Maxa é unha gata que vive ceibe nos tellados da cidade e, algunhas veces, aparece pola terraza de Fedra, para desespero desta que non quere intrusos nos seus dominios. Rebeca tamén tenlle un comedeiro de comida de gata a Maxa na terraza para que poida comer cando lle pete. Isto da pe a Fedra para discutir con Maxa sobre se Rebeca e dona das dúas ou non. Para Fedra, que é unha cadela, é bo ter dono xa que os cans deben telo, Para Maxa, non. Ela di que unha gata de tellado non ten que ter dono e que, en calquera caso, ela non o ten. Obsérvanse as diferenzas de pensamento entre as dúas. Claramente non pensan igual. Maxa canta unha canción indicando que ela é da rúa, unha gata ceibe sen dono. Tamén Maxa cóntalle a Fedra que ven de durmir a sesta na pola dunha arbore, unha cerdeira. A cerdeira de Alberte Viches que está plantada nunha horta da rúa das Hortas e que existe grazas á teimosía do veciño Alberte Vilches que conseguiu, con paciencia e teimosía, que agromara unha cerdeira onde parecía imposible. Contando isto, Maxa baixa do muro e entra na terraza, pero Fedra non lle deixa pasar, entende que está para defender o territorio, e o seu territorio é a terraza, de xeito que non debe deixar entrar nel a ninguén. Isto serve para que entre as dúas debatan sobre os territorios e as diferenzas entre quen os habita e quen, por necesidade, ten que entrar neles. Esta discusión entre gata e cadela amplíase nunha cantiga que elas cantan a xeito de regueifa expresando as súas diferenzas. Ao remate resolven que defender un territorio non é non deixar pasar ou entrar nel, defender un territorio é coidalo, limpalo e regarlle as flores e as plantas e telo sempre fermoso e ben presentado.

VIDEO

FICHEIROS

DOSSIER:

PROGRAMA:

NECESIDADES TÉCNICAS:

PLANO DE ILUMINACIÓN:

FOTOS

ACTUACIÓNS

04-11-2017 Teatro Colón A Coruña
05-11-2017 Teatro Colón A Coruña
07-11-2017 Teatro Colón A Coruña
08-11-2017 Teatro Colón A Coruña
09-11-2017 Teatro Colón A Coruña
10-11-2017 Teatro Colón A Coruña
19-11-2017 Casa da Cultura Vimianzo (A Coruña)
01-12-2017 Centro Cívico Arteixo (A Coruña)
03-01-2018 Salón Teatro Santiago de Compostela
04-01-2018 Salón Teatro Santiago de Compostela
26-01-2018 Casa da Cultura de Milladoiro Ames (A Coruña)
17-05-2018 Centro Sociocultural O Graxal Cambre (A Coruña)
08-08-2018 Pabillón Colexio nº 1 Foz (Lugo)
11-10-2018 Auditorio Municipal Rianxo (A Coruña)
20-10-2018 Casa da Cultura Cariño (A Coruña)
29-12-2018 Teatro Jofre Ferrol (A Coruña)
27-10-2019 Auditorio Municipal Ourense
03-11-2019 Pazo da Cultura Narón (A Coruña)
27-12-2019 Teatro Principal A Estrada (Pontevedra)
26-09-2020 Casa da cultura de Carral. Carral (A Coruña)
21-11-2020 Centro Sociocultural o Graxal Cambre (A Coruña)
28-12-2020 Edificio Multiusos Monforte de Lemos (Lugo)
08-07-2021 Carballeira de Santa Mínia Brión (A Coruña)
02-10-2021 Auditorio Emilia Pardo Bazán Sanxenxo (Pontevedra)
27-12-2021 Sala Gurugú A Coruña
28-12-2021 Sala Gurugú A Coruña
29-12-2021 Sala Gurugú A Coruña
06-02-2022 Centro Cultural Avenida A Rúa (Ourense)
11-02-2022 Casa da Cultura Pintor Lloréns Sada (A Coruña)
13-02-2022 Casa da Cultura Cerceda (A Coruña)
08-07-2022 Xardín Botánico Culleredo (A Coruña)
11-07-2022 Carpa Mugardos (A Coruña)
12-11-2022 Teatro da Beneficencia Ortigueira (A Coruña)
10-03-2023 Casa da Cultura Boiro (A Coruña)