Ondas que fan océano

14 / Febreiro / 2024

Ondas que fan océano

Fai 29 anos estreabase o espectáculo Historias Peregrinas por primeira vez.

Historias Peregrinas é un texto de 1995 de Miguel Anxo Murado, que foi un encargo de Teatro do Noroeste ao autor, na liña da compañía de apostar polos autores galegos contemporáneos vivos. En palabras do director da obra, Eduardo Alonso, Historias Peregrinas é unha obra que representa moito a Teatro do Noroeste porque “representa a xente do teatro, xente inxenua, coma nós”. 

É unha deliciosa comedia sobre as comedias. Quíxose escribir unha especie de comedia teolóxica popular, un auto sacramental no que a sentencia moral e a temática fosen modernas. Un anacronismo, por tanto. O anacronismo é sempre moi revelador: ese cruce de datos dunha época e interpretacións de outra distinta é sempre unha fonte de novas reflexións. Así, esta é unha comedia alegórica na que as alegorías se resisten a cumprir co seu papel. 

Teatro do Noroeste doulle vida a este texto levandoo a escena en dúas ocasións:

A primeira foi precisamente o 14 de febreiro de 1995, dirixido por Eduardo Alonso e protagonizado por Luma Gómez no papel de Gracia Santificante, Ernesto Chao no papel de Morte Xusticieira, Raúl Varo no papel de O Home, Imma Antonio no papel de Perdón Divino, Xosé Vilarelle no papel de Empresario, Belén Constenla no papel de Pecado, Xavier Estévez no papel de Soldado 1 e Diego Varela no papel de Soldado 2.

Aquí, no noso arquivo, podes ver a ficha completa de Historias Peregrinas (1), nesta ligazón.

15 anos despois, no 2010, despois do éxito da primeira versión da obra, fíxose unha readaptación moderna e musical da obra, con Luma Gómez no papel de Gracia Santificante, Xan Casas no papel de empresario, Victoria Pérez no papel de Pecado, Fernando González no papel de Morte Xusticieira, Carlos Mosquera Mos no papel de Home Inocente, Julia Méndez no papel de Perdón Divino, Aitor Rei no papel de Soldado 1 e Alejandro Carro no papel de Soldado 2.

Nesta ligazón podes ver a ficha completa de Historias Peregrinas (2), nesta ligazón.

En ambas as montaxes empregáronse os deseños de Paco Conesa, que podedes ver aquí nesta ligazón




Volver atrás



Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies