
A peza sitúanos ante unha familia acomodada que atravesa unha época de crise provocada por distintos conflitos: a permanente tensión entre o pai e a nai coa súa filla adolescente; os problemas da filla cunha asistenta do fogar procedente de Marrocos (que acaba converténdose na vítima dos conflitos familiares); os problemas co presidente da comunidade de veciños a raíz da talla dunha acacia de Constantinopla no patio comunitario… Pero, sobre todo, a diferenza de visións e ideas da parella protagonista (el centrado no ecoloxismo e ela obsesionada pola retransmisión continua da barbarie desatada en Gaza), que lles cegan para verse o un ao outro e para ver o problema real que teñen na súa casa: a deriva cara á extrema dereita da súa filla.