14 / Abril / 2026
O pasado 8 de abril foi a Gala dos XXX Premios MarÃa Casares onde tivo lugar a entrega da man da directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) do Premio de Honra Marisa Soto 2026 a Luma Gómez
30 / Marzo / 2026
Luma Gómez, socia fundadora de Teatro do Noroeste, recibirá o 8 de abril o Premio de Honra Marisa Soto na gala dos XXX Premios MarÃa Casares.
31 / Decembro / 2025
Puxeches con fermosa elegancia a túa voz, o teu corpo e os teus sentimentos a estes versos de despedida. Agora somos nós os que temos que despedirnos de ti e deixas a praia e a lagoa seca de espanto. Ao remate realizas ese aceno limpo de levarche a man á fronte e elevala sobre a cabeza, sen que ninguén cho indicara, abrindo pombas ao horizonte. Repetimos o xesto para ti. Até sempre, compañeiro. Ate sempre, Miguel.
24 / Decembro / 2025
Os pasados 5 e 6 de decembro estreamos a nosa nova produción: Manual de Patronaxe, no Pazo da Cultura de Narón. Este espectáculo está dirixido por Clara Gayo co texto de Nerea Brey, gañador do Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia no ano 2023. Aquà tedes recollido o clipping da repercusión da estrea en prensa tanto en medios dixitais como en prensa escrita.
16 / Setembro / 2025
No número 201 da revista da ADE (Asociación de Directoras e Directores de Escena de España) vén unha completa reportaxe sobre «Guerra» e unha entrevista ao seu autor e director, Eduardo Alonso.
08 / Agosto / 2025
Fai 25 anos estreábase A Celestina (Comedia dos tolos amores de Calisto e Melibea) de Teatro do Noroeste. Unha versión libre escrita por Eduardo Alonso da Traxicomedia de Calisto e Melibea, unha das obras fundamentais da literatura española do Renacemento.
03 / Maio / 2025
Fai 35 anos estreábase o Rei Lear de Teatro do Noroeste. É un gran referente do Teatro Universal, como tamén o é da última das nosas producións, Guerra, de Eduardo Alonso, estreada este ano.
13 / Agosto / 2024
O PaÃs Acuático é o primeiro espectáculo teatral infantil de Teatro do Noroeste estreado no 2000, escrito e dirixido por Eduardo Alonso.
24 / Xullo / 2024
Fai 30 anos estreábase Macbeth de Teatro do Noroeste
10 / Xullo / 2024
«Galileo Galilei. E sen embargo, móvese» é o espectáculo teatral estreado por Teatro do Noroeste en 1993, dirixido e adaptado por Eduardo Alonso a partir do texto do dramaturgo alemán Bertolt Brecht.
01 / Xullo / 2024
O Diario de Ferrol fÃxolle unha entrevista a Eduardo Alonso, autor e director de «Último Verán en Santa Cristina», con motivo da representación desta obra no Teatro Jofre de Ferrol o 28 de xuño de 2024.
17 / Maio / 2024
Celebramos o DÃa das Letras Galegas coa obra dun dos autores galegos contemporáneos: Eduardo Alonso