Premio Luisa Villalta para As Damas de Ferrol

15 / Marzo / 2024

Premio Luisa Villalta para As Damas de Ferrol

A nosa obra gañou o premio ao proxecto pola igualdade no concurso convocado pola Deputación da Coruña

A obra teatral As Damas de Ferrol estreada o pasado decembro no Teatro Jofre de Ferrol, vén de recibir o V Premio Luisa Villalta a proxecto pola igualdade “pola súa capacidade de promover avance en materia de igualdade, violencia  machista, diversidade, interseccionalidade e transversalización de xénero, así como a súa capacidade transformadora a favor da superación das desigualdades de xénero e as posibilidades de cambio social”.

Foi premiado xunto con outros dous proxectos o da Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e o da ONG Ecos do Sur. En palabras de Soledad Agra, a deputada de igualdade da Deputación da Coruña: “as tres teñen gran impacto social e as tres axudan a construír unha sociedade máis igualitaria”.

 O equipo humano detrás do noso proxecto As Damas de Ferrol:

  • Casilda Alfaro, actriz, interpreta a Lurdes
  • Mónica Camaño, actriz, interpreta a Maruxa 
  • Clara Gayo na dirección
  • Eduardo Alonso na dramaturxia
  • Eva Alonso na produción
  • Chefa Alonso na composición musical orixinal
  • Carlos Alonso na escenografía e vestiario
  • César Seijas no deseño gráfico
  • Chiripa, produtora audiovisual, na fotografía e vídeo
  • RTA no servizo técnico
  • Melina Regueira na distribución

Deixámosvos aquí a nova da Deputación da Coruña e adxunto, premendo no botón, a noticia compartida por enfoques.gal.

Enfoques.gal - Premio Luisa Villalta




Volver atrás



Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies