Esta longametraxe documental fai un percorrido por estes 30 anos de Teatro do Noroeste, de Eduardo Alonso e Luma Gómez.
Teatro do Noroeste, 30 anos, 36 producións, 1250 representacións
Teatro do Noroeste, cumpre, no ano 2017, 30 anos de actividade teatral ininterrompida.
Esta longametraxe documental fai un percorrido por estes 30 anos de Teatro do Noroeste, de Eduardo Alonso e Luma Gómez.
Este documental ármase sobre catro patas:
- A peza central, a imprescindible conversa entre os socios, Eduardo Alonso e Luma Gómez. Nunha charla relaxa e informal, fan un repaso dos seus comezos no teatro, da formación de Teatro do Noroeste, dos espectáculos, dos momentos bos e os non tan bos.
- Os colaboradores. Entrevistas con algúns dos colaboradores que teñen traballado en Teatro do Noroeste. Colaboradores de distintas etapas, e colaboradores moi habituais, relatan as súas experiencias, anécdotas e vivencias na Compañía.
Algúns dos colaboradores que forman parte da longametraxe son: Ernesto Chao, Miguel Pernas, Xavier Estévez, Imma António, Victoria Pérez, Alejandro Carro ou Fernando González.
- Imaxes de Arquivo. Nestes 30 anos e 36 espectáculos, tense recollido en imaxes parte da historia do teatro galego. Así incluirá pezas dos espectáculos antigos, e actuais.
- Base histórica. A cronoloxía historía das produccións e da traxectoria de Teatro do Noroeste ven dada en por dúas bandas, a primeira é unha entrevista con Paco Oti, que recentemente fixo unha profunda investigación sobre esta parte da historia do teatro galego. E pola outra banda, O percorrido de Eduardo e Luma pola exposición “Teatro do Noroeste, 2017: 30 anos actuando” que recolle toda a actividade teatral da Compañía.
A longametraxe resultará dun diálogo das catro patas que a sustentan, cunha montaxe fluída.
Accede á web da película documental: