obras en cartel/ IMPERIAL CAFÉ CANTANTE: VIGO-1936

 

texto deseño de iluminación e dirección · eduardo alonso

intérpretes·luma gómez, carlos mosquera 'mos', inma antónio, miguel pernas, ramon orencio, xavier estévez, xan casas, brandán lourenzo, xosé vilarelle, maxo barjas

escenografía, indumentaria e cartel · paco conesa

composición e dirección musical · bernardo martínez

O Imperial Café Cantante, trata de superar a competencia dos outros dous cafés cantantes de Vigo, o Brasil e o Español, contratando a unha cantante portuguesa especialista en fados: María das Neves. O seu debut congregará no café a flor da noite viguesa.

Entre canción e canción, organízanse negocios de contrabando de wolfram, que tan bos beneficios deron ao transformarse nun material estratéxico para a guerra mundial. Tamén se fían e desfían os amores e desamores daquelas xentes que, na súa inxenuidade, non contaban co que se lles viña enriba.

ver fotos

 

 

 

 

 


compañia residente

Sala Yago

Rúa do Vilar, 51-53

15705-Santiago



historial obras en cartel en xira prensa contacto