historial/CRONOLOXIA·FEIRANTES

basada en textos de Alvaro Cunqueiro (adaptación de Eduardo Alonso)

adaptación teatral·eduardo alonso

intérprete·luma gómez

música orixinal de·chefa alonso interpretada en directo por·bernardo martínez

escenografía·equipo taetro

dirección·eduardo alonso

"Feirantes" é un espectáculo teatral basado nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro "Os Outros Feirantes". Como se sabe, nestas narracións aparecen reflexadas as andainas de diversos e curiosos personaxes: aquel que falaba co seu cabalo; o outro ao que lle falaban as cousas: as cadeiras, as zocas, a culler, o seu propio estómago; aquela voadora de Serantes que voaba sentada nunha banqueta, aquel Tristán García que morreu de tristura porque non atopou á súa Isolda; aquel Novagildo Andión que percorría as feiras co seu autobús, transportando persoas e animais, que nalgúns casos ven sendo o mesmo; ou aquel cun ollo de cristal, que como o oculista non tiña outro deulle un de segunda man cor violeta, que fora un encargo dunha viúva que morreu antes de disfrutalo, e todas as mozas querían ter fillos con el para ver se herdaban esa fermosa cor de ollos.

ver fotos


compañia residente

Sala Yago

Rúa do Vilar, 51-53

15705-Santiago



historial obras en cartel en xira prensa contacto