historial/COMPOÑENTES.-eduardo alonso
Autor,
adaptador e sobre todo director teatral, Eduardo Alonso Rodríguez naceu en Vigo
(Pontevedra) o 28 de Maio
de 1948. Enxeñeiro Técnico Naval pola Escola de Enxeñeiros Técnicos de Ferrol,
Licenciado en Ciencias da Imaxe e Licenciado en Xornalismo pola Universidade
Complutense de Madrid, cursou estudios de Arquitectura na Escola Superior de
Sevilla e de Arte Dramático na Escola Superior de Córdoba. Comenzou a súa
actividade teatral no 1965, sendo cofundador das compañías teatrais: "Teatro Zoo"
de Madrid (1970 a 1977), "Teatro Andrómena" de Santiago de Compostela (1979),
"Teatro do Estaribel, Cooperativa Teatral Galega" (1980-1981), da productora de
cine vídeo e teatro "Produccións Noroeste" (1986-1991), e da compañía de teatro
"Teatro do Noroeste" (1991).
En 1984 elaborou, a instancias da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, un proxecto de Centro Dramático para Galicia, sendo posteriormente encargado de levalo á práctica, creándose así o Centro Dramático Galego do que foi o primeiro director. Ese ano recibiu o premio "I Mostra Internacioanl de Teatro de Ribadavia" concedido á persoa ou entidade que se destacase pola súa labor en prol do teatro galego. Foi director do Centro Dramático Galego durante os anos 1984 e 1985, anos nos que o centro se configurou como o principal organismo de producción teatral en Galicia. No 1985 foi nomeado polo Ministro de Cultura do Goberno de España, membro do Consello Nacional de Teatro. No 1987 elabora, encargado pola Consellería de Cultura e Benestar Social, un proxeco do "Instituto Galego das Artes do Espectáculo", organismo para a potenciación en Galicia do cine, o teatro, a danza e as artes audiovisuais.
| compañia residente | |
| historial | obras en cartel | en xira | prensa | contacto |