historial/CRONOLOXÍA·AS DAMAS DE FERROL

texto orixinal de Eduardo alonso

actrices·elina luaces e luma gómez

deseño de iluminación·eduardo alonso

escenografía e vestiario·equipo taetro

música orixinal·chefa alonso

dirección·eduardo alonso

"As Damas de Ferrol" é un espectáculo sobre os imprecisos límítes da realidade e a imaxinación. Todo o que nos contan as dúas damas que desenvolven a súa acción no escenario pode pertencer á realidade, pero tamén pode ser o froito das súas enfermizas mentes. No caso de que sexa verdade, sexa real e teña acontecido, resulta desgarrador e patético. No caso de que sexa un invento do desvarío e da enfermidade, entón o que resulta desgarrador e patético son as propias damas."As Damas de Ferrol" é unha comedia circular, en espiral, onde a realidade e a fantasía se debaten por ter a mesma carta de natureza e posiblemente o consigan. A súa liña argumental avanza e retrocede, enfíase e desenfíase constantemente como un novelo imaxinario e imposible de descifrar, móbil e inaprensible.

ver fotos


compañia residente

Sala Yago

Rúa do Vilar, 51-53

15705-Santiago



historial obras en cartel en xira prensa contacto