obras en cartel/CONFESIÓN

texto orixinal de Eduardo alonso

policía·eduardo alonso

"chino"·alejandro carro

escenografía e vestiario·equipo taetro

selección musical·brais morán

dirección·luma gómez


"Confesión" é o encontro inevitable de dúas personaxes que nunca deberon terse encontrado, pero que estaban condenados a atoparse. Movíanse en espacios especialmente próximos para que non se dera a colisión, porque, efectivamente, máis que dun encontro trátase dunha colisión. Un, o "Chino", buscando portas de saída á súa vida. O outro, o "Policía" atopando portas de entrada, e os dous braceando ansiosamente procurando manterse a flote. Son como dous náufragos que, na escuridade da noite, se agarran o un ao outro para non afundir, pero o impulso de un cara arriba afunde máis ao outro, e así, nese vaivén, vanse, sen decatar, alonxando máis e máis da táboa salvavidas, da terra firme e intérnanse cada vez máis no buraco escuro da noite.

ver fotos                                   ver video


compañia residente

Sala Yago

Rúa do Vilar, 51-53

15705-Santiago



historial obras en cartel en xira prensa contacto